Sunday 28 de April de 2024

Cambios na programación das festas do Nazareno para este 16 de setembro


Debido á situación meteorolóxica deste sábado 16 e, dado que xa se tiveron que cancela-los concertos das bandas da mañá, informamos dos seguintes cambios na programación das festas do Nazareno 2023.

A Festa Holi Pobra coa posterior Festa da Escuma adíase para o sábado 23. As persoas que non poidan asistir na vindeira semana poden modifica-la súa inscrición no enderezo electrónico info@somosenredos.com. Ademais, continúa aberto o prazo para quen desexe sumarse a esta actividade.

No que respecta ao X Encontro de Música e Baile Tradicional, trasládase da praza Alcalde Segundo Durán ao teatro cine Elma.

En canto ao resto de xornadas destas festas, de producirse cambios, informarase polas canles do Concello da Pobra do Caramiñal.